miércoles 30 de diciembre de 2009

buscando nais 091230

Ainda que pequenas, si acogollan ben, e teñen bo aroma e pringan resina, por qué non intentar revexetalas??


Os resultados non están garantidos, pero por intentalo non se vai a perder nada.



Tamén a sua proxenie (si por un casual hubera algunha) será benvida.

viernes 18 de diciembre de 2009

Selección de nais 091221

Non todas as plantas revexetan, nin todas o fan coa mesma facilidade. Influen incluso factores ambentais, como pode ser a temperatura, ou a cantidade e intensidade de luz, ademais da sua carga xenética.
Estes exemplares de Thaigana, como podedes ver teñen unha disposición notable á revexetación. Na primeira foto un brote que xurde logo da colleita. Na segunda foto, outro exemplar xa disposto a ser reflorado si se desexa.



Debemos desbotar as nais que estean febles ou enfermas. Neste caso, unha descendente de NL*Hace de parental descoñecido, sobreviviu a duras penas a 1ª refloración.
Ambicionada pola sua calidade contrastada, non foi que de ser esgallada, e manifesta unha debilidade notable que lle impedira reflorar por segunda vez.
Xenética perdida, en este caso, pero seguiremos a buscar...

Se se dispón de espazo é unha idea deixar uns cogolliños na planta e poñela a 18 horas de luz. As veces volven a brotar. Podedes facer probas ou intentalo somente con aqueles exemplares que creades que por aspecto e aroma son os mais adecuados.
A capacidade terapéutica somentes será contrastada tras o secado e curado da mostra previa. Unha vez sometida o test de capacidade terapéutica será mantida ou non en revexetación.
Importante: Buscanse plantas de boa capacidade terapéuticas, pero sobre todo que sexan fortes e sans. O fin e o cabo, según esta etiqueta, estamos a CRIAR CANABO!!!!!!!!!

miércoles 16 de diciembre de 2009

Guiar as plantas

Cando unha planta se nos espiga demasiado, debemos tutorala de algún xeito para obter un mellor aproveitamento da luz ( isto en interioo). En exterior, o doblado ou guiado podenos valer para adquirir unha discrección maior do noso cultivo.

lunes 7 de diciembre de 2009

Sustrato

Por considerar que é o xeito mais idoneo, os cultivos que vedes son realizados nun sutrato mesturado de 50% terra Compo, 25% coco e 25% humus de lombriz. Os abonados son realizados con diversas materias orgánicas fermentadas con Sacharomyces Cerevisiae.
Os aportes en nitróxeno son mínimos, incluso durante o periodo vexetativo para reducir a incidencia de plagas como a aranha vermella e mais as cochinillas, que sintense moito mais cómodas en cultivos sobrenitrificados e hiperfrondosos.
Os tratamentos fitosanitarios consisten en duas aplicacións de aceite de inverno, unha dada no momento de icambio de fotoperiodo e a outra no momento de aparición das primeiras flores.

Na foto, 3 exemplares híbridos con predominancia índica cultivados en sutratos e condicións similares. Cada exemplar ten unha resposta diferente ó medio de cultivo, o cal indica que debemos adaptar o medio a cada fenotipo que se esté a desenvolver.
A medida que se van descartando exemplares, quedan os mais vigorosos e que se atopan mais cómodos. Actuando de este xeito adaptamos as plantas ó entorno, en troques de adaptar o entorno a cada indiciduo concreto.

ShareThis