nos mudamos

miércoles, 30 de septiembre de 2009

H.B. de Cánabo A.C.T.

O Fenotipo H.B. procede de panmixia, ainda que aparentan dominar nela as características morfolóxicas da extinta " Chirimoya" de Kannabia seeds.
Caracterizase por un aroma doce en floración, algo acre ou áspero cando seca, e un paso por gorxa ó fumar moi suave.

H.B.-1
Primeira planta gardada de este fenotipo está sin datar, polo que non podemos decir canto tempo vota a florecer.
Parentais: Panmixia
Tempo floración: ( ?).
Aroma en floración:Doce
Aroma en combustión:
Sabor:  Suave
Efecto: Aperitivo e sedante
Rendemento: Aprox 10 g de flores secas por planta.








HB-2

martes, 29 de septiembre de 2009

Fenotipo R de ACT

Vaise intentar que esta nova planta forme parte do acervo xenético do fenotipo R.
Lamentablemente estes fenotipos tan índicos son moi dificiles de revexetar, e polo tanto de fecundar con unha relativa certeza de descendencia.
Caracterizanse por ter efectos fortemente relaxantes e físicos, o que fai a estas plantas indicadas para as dores e os trastornos do sono.
Este exemplar leva 75 días de floración.


O Fenotipo R ( de coRno), procede de panmixia.
Caracterizase por unha corta distancia internodal e a ausencia de ramificacións, xurdindo a planta talmente como si fora un corno.

R1.-
Primeira planta gardada de este fenotipo está sin datar, polo que non podemos decir canto tempo vota a florecer.
Parentais: Panmixia
Tempo floración: ( ?).
Aroma en floración: Acre
Aroma en combustión: ?
Sabor: ?
Efecto: ?
Rendemento: (?)





R2.-

domingo, 27 de septiembre de 2009

NTR de Cánabo ACT

Parentais: Panmixia
Tempo floración: 67 días
Aroma en floración: Nulo
Aroma en combustión: A paisana
Sabor: Suave. A paisana.
Efecto: Alegría vital.
Rendemento: Aprox. 5 g de flor seca.
Susceptible á Cochinilla

Outros datos:

miércoles, 23 de septiembre de 2009

AKW ( Afgan Kush de World of seeds )

Coincidiron estes dous exemplares en época de polinización. Amosaremosvos a evolución deles (da femia, xa que o macho pasará a mellor vida), así como a súa descendencia.
Disfruten W.O.Stedes do aspecto de esta planta e do proceso de selección que terá que vir a posteriori.


lunes, 21 de septiembre de 2009

jueves, 17 de septiembre de 2009

NLH : (NL* Haze de Nirvana)

Como queira que non demos atopado un enlace na páxina oficial de Nirvana, que nos comentara arredor das suas características, etc, declinamos enlazar a páxinas comerciais.
Debeu ser arredor do 2007 que sementamos noso paquete de NLH.
Este marabilloso exemplar superou todos os imponderables dos novatos, as macarradas dos enteradillos, as presións selectivas mais absurdas, os maiores maltratos, cantidades inimaxinables de UVA e UVB .... e realmente pareceu sentirse mal somentes cando o réxime de fertilización foi excesivo e a humedade do sustrato elevada.
Algunhas das súas irmáns foronche ben mais aromáticas, incluso mais demoledoras e ata mais sabrosas. Pero somentes este exemplar foi quen de revexetar e estaquillar como unha LEONA.
O aroma do exemplar é neutro, non invade, se acaso un chisco "seco"... -comprirá facer un cursiño deses subvencionados de cata para identificar a gusto os cheiros- e o efecto tende a ser narcótico per se, e demoledor si temos inxerido outros estupefacientes.  ( Opción desaconsellable)
Saliunos toda unha campeona. Logo, o de incrementar produccións, tamaño de cogollos e similar, compre un chisco mais de esforzo, e de feito, ainda estamos en elo.
Unha auténtica supervivinte.
( Lembramosvos que estamos a falar do "vintage_2007")



NL ( Nortern Light, de Nirvana)

No momento da recollida: 70 días de floración.

Continuamos coa nosa recolección de liñas puras con este clásico de Nirvana.


A información oficial do Banco Nirvana sobre a Nortern Light podedela atopar eiquí.






jueves, 10 de septiembre de 2009

Selección Masal

Aplicado a plantas autógamas ( cos dous sexos no mesmo especimen), a primeira etapa na selección dunha variedade é obviamente a de eliminar os tipos inaceptables. Isto pode facerse mediante selección ou mediante rechazo. 
En definitiva o resultado ven a ser o mesmo, escoller as mellores plantas para que produzan sementes; mediante rechazo prescindindo de aquelas que amosen características indeseables, e mediante selección, escollendo os exemplares que teñan unha serie de características que o cultivador considere mais adecuadas ou valoradas. Unha vez identificados os mellores exemplares e rechazados os peores, xa temos os proxenitores para formar o seguinte cultivo.  Con este método se podense manter cando menos parte das características favorables, e ir mellorando tanto en cantidade como en calidade o cultivo.
( Mellora xenética vexetal. Autor descoñecido.)
Pois de este xeito, imos continuar noso proceso de selección de plantas en panmixia, así como o de razas puras - ou hibridos consolidados-, pero esa xa será outra istoria.

Unha vez agrupadas as plantas según a sua vitalidade ( na foto todas os exemplares teñen a mesma edade, e proveñen de un cultivo en panmixia), rexeitaremos aquelas que amosen caracteres indexesables. A saber: Deformidades, enanismo e excesiva distancia internodal. Non compre explicar a razón de rexeitar as plantas enanas e deformes, pero compre aclarar, que as plantas con unha distancia internodal grande tenden a espigarse en exceso, e normalmente serán menos productivas, xa que tenderán a dar flor exclusivamente nas puntas. Tamén despreciamos as plantas feridas por manipulación. ( Iso si é selección natural inconscente). Compre decir tamén, que o ideal sería agardar a colleita de cada planta, e realizar a selección en función das características organolépticas ou capacidade sicoactiva, pero nin o armario de floración dispón de capacidade para absorber todalas plantas xerminadas ( 1,20m x 1,20m), nin a zoa de vexetativo ten espacio de abondo para soportar todos os planteles necesarios ( 1,4m x 0,7m), polo que compre levar a cabo unha selección "temprana".
De esta selección de panmixia, percuramos a busca de exemplares vigorosos, productivos, aromáticos e con peculiares características individuais. O criterio inicial de selección é o de fenotipo ou aspecto. De eiquí sairán, ou non, os fenotipos "P", "R", "JPN", etc. A medida que avancemos na definición aspectual (fenotípica), profundizaranse outros aspectos como as características organolépticas, carga sicoactiva, facilidade de reproducción vexetativa e capacidade de revexetación.
O seguinte paso tras dos rechazos consistirá en crear unha selección positiva, que estará baseada no aspecto tamén. En este caso buscaremos plantas mais ben rechonchas, de curto internó e folla ancha. ( este último aspecto debería facilitarnos unha maior rapidez de floración, xa que corresponderíanse con exemplares mais índicos, e polo tanto de tempo de floración menor.)
Por certo que normalmente os machos tenden a ter unha maior distancia internodal, polo que esperamos reducir o numero de machos no cultivo, e por ende, conquerir que aqueles que cheguen a floración sexan o mais parecidos a femias, no relativo ó patrón de medre ó ancho.


Fenotipo sbnr1 de ACT





Partindo de Panmixia, xurde este peculiar fenotipo .
Esta planta non foi decapitada, nin moito menos. Partiu con unha cima apical de catro follas de un só foliolo e posteriormente comenzaron a medrar os brotes do segundo nó. Podese ver que as follas do segundo nó empezan a normalizarse, pero realmente, a fisonomía de esta planta é realmente peculiar.
A edade do exemplar nas fotos é de 25 días.
Unha vez pasada a floración, descubrimos que o exemplar e macho, e decidimos retiralo antes de que faga das suas no armario. Iso si, pasaron somente 10 días dende que pasamos a planta a ciclo lumínico de 12 horas, e xa caseque está polinizando. Como se pode ver nas fotos, a estrana pola central practicamente non medrou dende que a pusemos a floración, e dende logo, tampouco deu flor.




Unha vez constatada a masculinidade da planta, decicimos pois eliminala, xa que non ten "pedigrí" definido, pero, somos incapaces de non deixar viva a rama mutante para ver como evoluciona ó longo do tempo. Velaiquí logo de castrada:







A día 15 de Outubro, este noso cachirulo xa mostraba síntomas de que non ía vivir. Se o mandou o ceo dos "marihuanos", onde un cultivador de sinsemilla se esquece de el para sempre.
Conclusión: Que sexa mutante non ten por que ser bo.

ShareThis

Adsense

Etiquetas

15M (1) abonos floración (1) acelga (1) Activismo (1) agoecologia (1) agricultura ecologica (1) alcohol (1) alcol (1) ansiedad (1) anti-diabético (1) anti-epileptico (1) anti-inflamatorio (1) anticancro (1) aperitivo (1) Argentina (1) artesanía (1) Asociarse (1) Avemaria Vigo (1) Bancos de Sementes (1) Bioestimuladores Marihuana (3) caleteles cannabicos (1) cancer (2) cancer de colon (1) cannabicultura (1) cannabidiol (1) cannabinoides (1) cannabis e cancro (1) cannabis terapéutico (1) carteles cannabicos (1) CBD (2) cefalea (1) ceguera (1) cerebro (1) ciclamen (1) ciruelos (1) cocaina (1) consumo responsable (1) control integrado (3) Conviccións (1) convulsiones musculares (1) corpos represivos (1) cosecha invierno (1) crianza do canabo (10) Cultivo do cánabo (3) cultivo ecolóxico (1) cultivo interior (2) cultivo terapeutico. (1) curado (1) delincuencia (1) distimia (1) distonía (1) dolor (2) dolor crónico (2) dolor menstrual (1) dolor muscular (1) dopamina (1) endocannabinoides (1) enfermedad bipolar (1) Enlaces (1) equinoccios (1) esclerosis multiple (1) espasmos (1) espasticidad (1) estimulanrte apetito (1) Facebook (1) Falperra (1) Fenotipos (30) Fenotipos extintos (2) fitocromos (1) fitosanitarios (1) floración (3) fosforo (1) fotoperiodo (1) Fotos (1) fsf (1) gaia (1) galucoma (1) glaucoma (3) glifosato (1) GMM 2012 (1) gnu (1) guisantes (1) Health economics. NORML (1) heroina (1) hibrido (1) hortícolas (1) IACM (10) indoor (1) insomnio (1) interior (1) Intro (1) ISP's (1) jardines (1) la disquinesia tardía (1) lechuga (1) LED (1) libertad (2) libertad para maria (1) Libros (6) limonero (1) Linux (1) lobbyes (1) marcha millon porros 2012 (1) Marcha Global Marihuana 2012 (1) Marcha mundial marihuana 2012 (1) Marcha mundial marihuana. marcha millon de porros (1) marihuana (2) marihuana argentina (1) marihuana medicinal. (1) marihuana recreativa (1) massive bloom (1) Megaupload (1) narcotico (1) negrilla (1) nitratos (1) nitrogeno (1) North of Seeds (1) Noticias Legalización (2) Noticias Marihuana Medicinal (3) nova concencia (1) Opinión (1) P2P (1) pachamama (1) painkiller (1) particionar disco (1) patata (1) pirateria (1) potasio (1) presión ocular (1) Prevención de Riscos (2) primavera europea (1) privacidad (1) Productos (4) propaganda marihuana (1) propiedad intelectual (1) quimioterapia (2) radioterapia (2) receptores (1) redes sociais (1) reducir partición (1) remolacha de mesa (1) remolacha roja (1) reportajes. (1) resina (1) Romil (1) San canuto (1) secado (1) semilleros (1) sensi seeds (1) sensi star (1) sida (2) sinde (1) sindrome de tourette (1) sistema endocannabinoide (1) software libre. (1) solsticios (1) sopa (1) terapia. (1) Testadores (1) THC (1) THC y cancer. (1) tomate (1) trabeculectomía (1) trastornos del sueño (1) tumor (1) valor engadido (1) valor social. (1) Varios Marihuana (1) vegetativo (1) VIH (1) virus (1) VIS (1) Windows 7 (1)