nos mudamos

domingo, 17 de junio de 2012

Cannabis e cancro: Xeneralidades

Que é o cancro?O cancro é o crecemento descontrolado de células anormais no corpo. As células cancerosas tamén se denominan células malignas.
celulas cancerosas  Causas, incidencia e factores de risco As células son os bloques de construción dos seres vivos. O cancro orixínase das células normais no corpo. As células normais multiplícanse cando o corpo as necesita e morren cando o corpo non as necesita. O cancro parece acontecer cando o crecemento de células no corpo está fóra de control e as células se dividen demasiado rápido. Tamén pode acontecer cando ás células esquecen como morrer (apoptose). Hai moitos tipos diferentes de cancro. O cancro pode desenvolverse en case calquera órgano ou tecido, tais como o pulmón, colon, o tecido mamario, a pele, os ósos ou os nervios. Existen moitos factores e produtos que inducen cancro: o benceno e determinados químicos, o consumo excesivo de alcohol, toxinas ambientais, exposición solar excesiva, problemas xenéticos, http://obesidade, radiacións ionizantes, virus, etc. De tódolos xeitos a orixe de moitos tipos de cancro é descoñecida.
Síntomas Os síntomas do cancro dependen do tipo e da localización do tumor. Por exemplo, o cancro de pulmón pode provocar tose, dificultade pra respirar ou dor no peito. O cancro de colon frecuentemente ocasiona diarrea, estrinximento e sangue nas feces. 
Celulas cancerosasAlgúns tipos de cancro poden non ter ningún síntoma en absoluto. En certos tipos de cancro, como cancro de páncreas, a miúdo os síntomas non comezan ata que a doenza alcanza unha etapa avanzada. Os seguintes síntomas poden acontecer coa maioría dos cancros: arrepíos, fatiga, febre, perdida de apetito, malestar, suores nocturnas, perdida de peso, etc, estes síntomas son comúns con outras doenzas, resultando non determinantes nin exclusivos. 
Prevención Vostede pode reducir o risco de contraer un tumor canceroso seguindo estes simples consellos: Seguir unha dieta saudable, facer exercicio con regularidade, limitar o alcohol, manter un peso saudábel,reducir ao mínimo a exposición a produtos químicos tóxicos e a radiacións, non fumar ou mastigar tabaco e reducir a exposición ao sol, especialmente as peles sensíbeis e brancas. As probas para a detección do cancro, como a mamografía e o exame de mama para o cancro de mama e a colonoscopia para o cancro de colon, poden axudar a detectar estes cancros nas súas etapas iniciais, cando son máis tratables. 
cancro, celula cancerosaCannabis e cancro A pesar de existir evidencias científicas de que determinados cannabinoides inhiben e mesmo destrúen as células tumorais, o lexislador é reticente a permitir que estas opinións se expresen nos documentos oficiais, debido a presións relacionadas cos lobbyes farmacéuticos. En ensaios preclínicos, demostrouse que algúns cannabinoides, incluíndo o THC e o CBD (cannabidiol), atacan selectivamente e eliminan células malignas e tumores cancerosos. Sendo o cancro unha enfermidade de difícil curación, en ocasións o tratamento contra a doenza (raio e quimioterapia) é máis perturbador que a propia doenza.
 As persoas afectadas polo cancro tratados mediante radiacións ionizantes e quimioterapia, sofren con frecuencia episodios de náuseas, vómitos e perdas do apetito que lles colocan o organismo en situación de colapso. Nesta situación, moitas persoas optan polo consumo de cannabis - en moitos casos recomendadas polas súas médicas, mais sen un consentimento legal ou oficial - para evitar esta serie de efectos secundarios producidos pola exposición ás radiacións ou produtos químicos que combaten os tumores.
Molécula de THC
Molécula de THC
O tratamento contra os efectos secundarios asociados á terapia antineoplásica medicamentosa (quimioterapia) é con diferenza a indicación máis documentada dos cannabinoides. Diversos estudos (con THC, Nabilona, outros análogos do THC e marihuana) resaltan os efectos positivos da devandita terapia. Os cannabinoides seguen sendo o tratamento preferido na medicina popular para combater as dores e as náuseas, entre outras razóns por non crear a dependencia física que crean os opiáceos (morfina) e non exercer o efecto bronco constrictor destes. (Tanto o "Marinol"-dronabinol, o -delta-9THC-, como o "Cesamet"-nabilona, están aprobados en determinados estados para a indicación de nauseas e vómitos causados pola quimioterapia do cancro. O "Marinol " tamén o está para a anorexia e a caquexia no VIH/Sida).
Contraindicacións Existen diversas correntes de investigación que indican que o cannabis fumado podería ser un factor significativo de risco no desenvolvemento do cancro respiratorio. O gran número de hidrocarburos aromáticos presentes no fumo, diversas nitrosaminas, unha maior exposición dos pulmóns aos restos de combustión debidas á maior duración das caladas, poden desencadear factores non desexados. É por iso necesario avaliar para cada paciente, non só a dosificación axeitada, senón tamén o método de dosificación máis axeitado e con menos riscos potenciais. 
Importante: Esta información pretende ser obxectiva e documentada, mais está redactada con ánimo exclusivamente didáctico. Se estás doente ou cres que poderías estalo non te automediques e consulte a unha profesional. 
Cicais che interese: 

Publicidade:


vaporizar reduce riscos, volcano
Publicidade: Os vaporizadores axudan a reducir riscos.


lunes, 21 de mayo de 2012

Homo Sapiens Social

Unha nova especie está a xurdir no mundo. O Homo Sapiens Social.

Non é doada a supervivencia de unha especie en ciernes, unha especie brotante, en plena ebullición xerminativa, con esencia de sopa enzimática.
A xeito de proceso meiótico, sin presa, sin pausa, unha célula orixinal duplicase, multiplicase, e especializa a cada nova creación nun novo ámeto.
É a evolución do Homo Sapiens , a especie humana que é capaz de coñecer e reflexionar arredor do que coñece, ó Homo Sapiens Social, o home capaz de coñecer e reflexionar arredor do que coñece e relacionalo co seu entorno físico e co seu contorno tribal.

Para que esta semente brotara e comenzase seu arraigo, (a pesares dos glifosatos políticos e económicos) deberon darse as necesarias condicións para a xerminación: Escuridade, falla de auga, pouco airo e falta de comida.

Este novo Homo en ciernes, decide organizarse a traverso da intelixencia colectiva que proporcionan as computadoras, as redes neuronais non orgánicas, da inmediatez da transmisión de datos e das melloras tecnolóxicas que permiten a calqueira competir cos Mass Media en igualdade de condicións de distribución de información co valor engadido da fiabilidade e infabilidade de que é o conxenere/amigo, e non o depredador quen amosa agora os datos.

Este brote de Homo Sapiens Social parece nacer sedentario e autorganizado no reparto das tarefas, instalase en espacios públicos ( da sua propiedade) e soporta estóico o ataque dos depredadores da usurpación comandados por Mr. X, tamén chamado The Lord.

O xerme do Homo Sapiens Social trae unha mutación pouco prodigada ata o de agora, atopada en individuos illados, o xen definido polos antropólogos como o de “nacín pola cona da miña nai sen deber nada nin a deus nin o goberno”, e mais outra malformación cromosómica que está definida polo ámeto centífico como “Respeto”.

Unha vez decodificada a cadea xenómica da especie xerminante, descubrese que ten unha suma capacidade adaptativa, e ten capacidade para brotar (cando menos brotar) en lugares distantes, onde sen dúbida agochabanse as sementes, heteroxeneos en clima e propiedades edáficas. Parece resistir ben os glifosatos policiais e ten un alto grao de autorganización a hora de defender ós conxeneres propios da súa especie.

http://dibujando.net/files/fs/p/i/2012/16/gaia_22105.jpg
Os modelos computerizados indican que poderanse organizar redes sociais complexas baseadas na equidade e igualdade de principios. Con algunhas variables predefinidas por centíficos galegos amosan unha notable capacidade de manter o entorno equilibrado de xeito que suas demandas non superen as ofertas do mercado natural. Parece ser, según confirman dende a Universidade de Ver quelei, que levan gravado a lume o xen do respeto animal, e que por elo, tendo en conta que son animais sociais, entenden que a vida é unha característica propia do resto dos seres, cos cales sintense identificados en virtude de estar infectados pola mesma enfermedade, que necesariamente provoca -antes ou logo- a morte, as veces tras longos períodos de tempo de sufrimento.

Certos teóricos vaticinan que teñen a capacidade de colonizar axentes patóxenos e illalos, impedindolles a continuación de práxes tóxicas para o seu entorno, trocandoos en inofensivos, ainda que certas correntes indican que ostentan determiñados alelos negativos que permitenlles exterminar ós seus nemigos por omisión.

Compre ver, e seguir atentamente, a evolución do Homo Sapiens Social. Se a nova especie non fica como axente mutante endémico e decide colonizar o planeta, ben por xenética ou por cuestión de inxeniería neuronal-global, cicais o planeta Terra deixe de selo e troque en Gaia.

Sería bon ver, como os índices abstractos de Productos Interiores Brutos e Valor Engadido, mutan en Aportacións ós Valores Sociais, Indice da Recuperación de Biodiversidade ou Calidade de Integración Biosférica.

Sería bon ver que o Renacemento é agora, e ser partícipes.



Bandallo 20111004


Creative Commons License
Homo sapìens Social by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-NoDerivs 3.0 Unported License.

CannaCtivismo: MMM 2012

ShareThis

Adsense

Etiquetas

15M (1) abonos floración (1) acelga (1) Activismo (1) agoecologia (1) agricultura ecologica (1) alcohol (1) alcol (1) ansiedad (1) anti-diabético (1) anti-epileptico (1) anti-inflamatorio (1) anticancro (1) aperitivo (1) Argentina (1) artesanía (1) Asociarse (1) Avemaria Vigo (1) Bancos de Sementes (1) Bioestimuladores Marihuana (3) caleteles cannabicos (1) cancer (2) cancer de colon (1) cannabicultura (1) cannabidiol (1) cannabinoides (1) cannabis e cancro (1) cannabis terapéutico (1) carteles cannabicos (1) CBD (2) cefalea (1) ceguera (1) cerebro (1) ciclamen (1) ciruelos (1) cocaina (1) consumo responsable (1) control integrado (3) Conviccións (1) convulsiones musculares (1) corpos represivos (1) cosecha invierno (1) crianza do canabo (10) Cultivo do cánabo (3) cultivo ecolóxico (1) cultivo interior (2) cultivo terapeutico. (1) curado (1) delincuencia (1) distimia (1) distonía (1) dolor (2) dolor crónico (2) dolor menstrual (1) dolor muscular (1) dopamina (1) endocannabinoides (1) enfermedad bipolar (1) Enlaces (1) equinoccios (1) esclerosis multiple (1) espasmos (1) espasticidad (1) estimulanrte apetito (1) Facebook (1) Falperra (1) Fenotipos (30) Fenotipos extintos (2) fitocromos (1) fitosanitarios (1) floración (3) fosforo (1) fotoperiodo (1) Fotos (1) fsf (1) gaia (1) galucoma (1) glaucoma (3) glifosato (1) GMM 2012 (1) gnu (1) guisantes (1) Health economics. NORML (1) heroina (1) hibrido (1) hortícolas (1) IACM (10) indoor (1) insomnio (1) interior (1) Intro (1) ISP's (1) jardines (1) la disquinesia tardía (1) lechuga (1) LED (1) libertad (2) libertad para maria (1) Libros (6) limonero (1) Linux (1) lobbyes (1) marcha millon porros 2012 (1) Marcha Global Marihuana 2012 (1) Marcha mundial marihuana 2012 (1) Marcha mundial marihuana. marcha millon de porros (1) marihuana (2) marihuana argentina (1) marihuana medicinal. (1) marihuana recreativa (1) massive bloom (1) Megaupload (1) narcotico (1) negrilla (1) nitratos (1) nitrogeno (1) North of Seeds (1) Noticias Legalización (2) Noticias Marihuana Medicinal (3) nova concencia (1) Opinión (1) P2P (1) pachamama (1) painkiller (1) particionar disco (1) patata (1) pirateria (1) potasio (1) presión ocular (1) Prevención de Riscos (2) primavera europea (1) privacidad (1) Productos (4) propaganda marihuana (1) propiedad intelectual (1) quimioterapia (2) radioterapia (2) receptores (1) redes sociais (1) reducir partición (1) remolacha de mesa (1) remolacha roja (1) reportajes. (1) resina (1) Romil (1) San canuto (1) secado (1) semilleros (1) sensi seeds (1) sensi star (1) sida (2) sinde (1) sindrome de tourette (1) sistema endocannabinoide (1) software libre. (1) solsticios (1) sopa (1) terapia. (1) Testadores (1) THC (1) THC y cancer. (1) tomate (1) trabeculectomía (1) trastornos del sueño (1) tumor (1) valor engadido (1) valor social. (1) Varios Marihuana (1) vegetativo (1) VIH (1) virus (1) VIS (1) Windows 7 (1)